Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Contos e historias de raposos (III)

Estes textos (fábulas, contos e sucedidos) son o resultado dun traballo escolar, complementario da lectura do libro “Memorias dun raposo”, realizado por alumnos e alumnas do IES San Rosendo de Mondoñedo.

Con agradecemento ao profesorado que o impulsou e ao alumnado que recompilou (citados en cada caso) e aos seus respectivos informantes. A ilustración é da autoría da alumna Adriana Morán Currás.

Había unha vez un home que tiña unha galiña con pitos. Tíñaos debaixo dunha cesta e cambiou os pitos por cadelos. Despois chegou o raposo e púxose ea ulir nela mentres dicía:

—Pitos serán peor óleme a can!

Foi levantar a cesta e, como os cans debaixo, botou a correr cos cans detrás del. Despois de librarse deles dixo:

—Miñas pernas, miñas pernas!Se non fose por vosoutras comíanme os cans!

[Recollido por: Lorena Rodríguez. Informante: Gerardo Rodríguez Gacio (55 anos), de Paadín, Mondoñedo (Lugo)].

 

Había unha vez un raposo mirando para un boi que estaba nun prado. O raposo botou a tarde enteira mirando para uns vultos que o boi tiña no medio das pernas, e dixo:

—Caer non caerán pero moi seguros non están!

O raposo se con fame chegou, con fame marchou!

[Recollido por: Lorena Rodríguez. Informante: Gerardo Rodríguez Gacio (55 anos), de Paadín, Mondoñedo (Lugo)].

 

Un día miña avoa cando era pequena ía camiñando cara ao galiñeiro para comprobar que todo estivese en orde pero viu a dous raposos sentados cun mapa grande nas mans cheo de liñas e cores. Estaban rindo sinistramente, como con maldade ou como se estivesen planeando algo; e ademais, algo non moi bo. Deu dúas patadiñas no chan para que fuxiran pero eles coma se nada, non facían nin caso!

Á miña avoa non lle gustan nada os raposos porque dende que era moi pequena metíanlle medo con eles:

—Como non comas todo vai vir o García comerte! Se non adormeces virá o García!

E así,. non me estraña; igual que eu lle tiña medo ao coco, ela tíñalle medo aos raposos.

Ao día seguinte volveu miña avoa cara ao galiñeiro e os raposos seguían alí, rindo malvadamente co mapa nas mans. Así durante varios días ata que á miña avoa espertouna o ruído das galiñas desesperadas:

—Quiquiriquí! Quiquiriquí!

Foi correndo chamar a familia e foron todos ao galiñeiro pero … que raro! Os raposos xa non estaban onde eles estiveran!

Alí encontraron catro galiñas desplumadas, dúas mortas, cinco ovos rotos e … os dous raposos cara arriba fartos de comer!

—Madia leva! —dixo miña avoa.

[Recollido por: Rebeca López González-Redondo].


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: