Actualizado en data 11/12/2018

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Antonio Reigosa

(Zoñán, Mondoñedo, 1958)
Sendo neno tratei cos mouros do castro veciño, aprendín a coñecer os encantos que sementaban a néboa no curuto da Pena da Roca e, aínda que nunca o conseguín, intentei moitas veces botar a rolos polo mundo abaixo unha grande rocha chamada Pena Morcán que se mantén en estraño equilibrio. Destas e doutras experiencias da miña infancia venme, creo eu, a miña querencia pola fantasía popular.
Escritor, investigador e divulgador da mitoloxía popular, da literatura de tradición oral e da cultura oral.
Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo.
Cronista oficial de Mondoñedo.