Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Crónicas das San Lucas (2015-2019)

CRÓNICAS DAS SAN LUCAS (2015-2020)

1ª edición: decembro de 2020

Edición: Asociación As San Lucas

Coordinadores desta edición: Fran Bouso e Antonio Reigosa

Coordinador xeral do proxecto 'Crónicas das San Lucas': Fran Bouso

Deseño e maquetación: Diego Núñez Álvarez

Textos: © autoras e autores

Ilustracións: © Antón Caxoto

Impresión: Lar (Viveiro)

Depósito Legal: LU 164-2020

Patrocina esta edición: Vicepresidencia. Área de Cultura da Deputación de Lugo


 

Limiar

Como presidente da Asociación As San Lucas, organizadora das feiras e festas das Quendas e das San Lucas —as máis antigas de Galiza e unha das máis de Europa— congratúlame saudar a publicación destas Crónicas das San Lucas (2015-2019).

O proxecto, coordinado por Fran Bouso e ilustrado por Antón Caxoto, reúne 30 textos orixinais,  case todos publicados polo xornal La Voz de Galicia nas súas páxinas da edición da Mariña nos días de cada ano coincidentes coa celebración sanluqueira. 

A autoría dos textos corresponde a estes 15 nomes: Chus Amieiro, Fran Bouso, Xoán Ramón Fernández Pacios, Xe Freyre, Miguel González Somovilla, Antón Meilán, César Morán, Miguel-Anxo Murado, Bernardo Penabade, Lois Pérez, Francisco Piñeiro González, Antonio Reigosa, Lionel Rexes, Xosé Ruíz Leivas e Xulio Xiz. Todas e todos mindonienses de nación ou devoción, todos e todas entregados ao lévedo fermentar das fantasías que nos transferiu para a ocasión nada menos que don Álvaro Cunqueiro. É precisamente Cunqueiro quen lle pon o ramo a esta obra cun texto recuperado de Tribuna Médica, transcrito e anotado por Miguel Somovilla.

Non son estas, como as lectoras e os lectores axiña comprobarán, as crónicas do acontecer verdadeiro das feiras e festas das San Lucas deste período, senón as do soñar, que tamén son, e non menos importantes, novas auténticas.

Xunta aos arquivos de prensa e aos programas e carteis, xunto á memoria gráfica ou videográfica e á memoria  de quen gozase de corpo presente das San Lucas destes cinco anos, haberá que almacenar a partir de agora estoutra memoria soñada, iluminada por Caxoto e inventada polas autoras e autores deste libro.

Quédame desexarlles que a lectura dos relatos e a contemplación das ilustracións consiga achegarlles tamén o arrecendo outonal que desprende Mondoñedo cando se viste de gala, como cada ano desde 1156 para celebrar as feiras de festas das San Lucas. E tamén quero agradecer especialmente a entrega e traballo entusiasta dos coordinadores do proxecto e desta edición, Fran Bouso xunto con Antonio Reigosa, e o do ilustrador, Antón Caxoto, e de todas e todos os demais colaboradores.

A creatividade das autoras e autores deste libro contribúe coa súa mestría a prolongar o horizonte da realidade ata os predios do imaxinario que Cunqueiro viaxou e describiu antes ca ninguén.

Miguel Souto Cabana, presidente da Asociación As San Lucas


Libro en PDF


 

Crónicas das San Lucas (2015-2019)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: