Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

POLAFÍAS 2010: Mesía

Lugar: Praza do Concello, Xanceda (haberá carpa)
Sábado, 22 de maio de 2010, ás 21 horas.
Entrada libre
Coa intervencións de: Xesusa Suárez, Gerardo de Viladavil, Lorenzo de Brates, Faustino de Arzúa, Pandereteiras de Arzúa, Os Larpeiros de Altamira, Escola de Música Tradicional de Mesía, Rudesindo da Barrosa e Mini e Mero.
Colaboran : Asociación Cultural "Bieito Fandiño" / Asociación de Escola de Música Tradicional de Mesía / Concello de Mesía.
Recitador: Isidro Novo
Coordinador: Antonio Reigosa
Organiza. AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Patrocina: Deputación da Coruña.

__________As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións e institucións.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio.
O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.
O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG.

CONTIDOS VIDEOGRÁFICOS DAS ANTERIORES POLAFÍAS


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: