Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

REVISTA (ISSN 1887-2859)

CATEGORÍAS RELACIONADAS

nº 20 (2024)_REIGOSA, Antonio: A onomástica no conto galego de tradición oral

Estudos de Onomástica Galega VIII: A onomástica e a cultura popular

Xornada de estudo, 21 de outubro de 2023

Edición de Ana Boullón e Luz Méndez

Edita: Real Academia Galega, 2023

ISBN: 978-84-17807-37-5

Depósito Legal: C 2034-2023

O patrimonio onomástico asociado á literatura de tradición oral e ao conto folclórico en particular forma parte do patrimonio cultural inmaterial e contribúe decisivamente á conformación dos símbolos esenciais da nosa identidade cultural.

Neste artigo centrámonos exclusivamente nos antropónimos e topónimos singulares no conto de tradición oral, eses relatos transmitidos, xeración tras xeración, preferentemente por vía oral e nos que repousa unha forma de ver o mundo, unha filosofía popular que os considera portadores de valores que merecen e deben perpetuarse. Cando se conta ou rexistra unha versión dun determinado conto debe terse en conta que é resultado dunha mestura decantada de diversas tradicións orais e literarias, que foi acomodado á nosa cultura e que todos os motivos, situacións, lugares e personaxes que o conforman, cos seus respectivos nomes propios, son tamén resultado desas circunstancias. Por tanto, canda os antropónimos e topónimos que extractamos camiña tamén boa parte da historia particular dese conto, ecos das súas orixes, pegadas das diferentes culturas coas que estivo en contacto, formas sociais e crenzas que son tamén alicerce da nosa cultura popular no presente.

     -Artigo,  pp. 127-158. (PDF)

     -Obra completa (PDF)

     -Vídeo: Intervención abreviada


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: