REVISTA (ISSN 1887-2859)
CATEGORÍAS RELACIONADAS
nº 18 (2022: ADALID RODRÍGUEZ, Rafael J. 'O lobo. Entre a historia e a narrativa comparada'
Título: O lobo. Entre a historia e a narrativa comparada.
Autor: Rafael José Adalid Rodríguez
Revista de investigación de Galicia Encantada (ISSN 1887-2859)
Resumo.
O documento que se presenta a continuación, versa sobre a figura e o papel do lobo na tradición oral e literaria. Ao longo deste manuscrito, inmiscirémonos de cheo no territorio galego, con breves paradas que ilustran a súa relevancia na historia e na narrativa doutras culturas. Ademais, a elaboración dun tratamento comparativo con outras áreas xeográficas, permitiranos establecer puntos en común, concluíndo crenzas primixenias e sucesos compartidos.
O lobo, como parte da literatura e da oralidade, constitúe un apartado esencial do acervo cultural galego e máis da idiosincrasia do noso ser. É incuestionable afirmar que, as diferentes mostras narrativas, xogan un papel primordial como transmisores de aprendizaxes e de valores, os cales xeran unha comprensión do mundo, medio ou entorno do que formamos parte.
O lobo. Entre a historia e a narrativa comparada (pdf)