Galicia desaparecida
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Castro Maúnzo
O castro Maúnzo está en santo André de Xeve, a un quilómetro da pista que vai a Amil, no concello de Pontevedra. Está minado por debaixo, onde se escondían os mouros, con túneles que chegan á Casa de Gondar. Nel hai tesouros, mesmo unha mina de ouro. Para conseguir os tesouros hai que levar un cura para que desfaiga o encanto. O cura ter que ler “as reliquias” (un libro) diante das persoas que estean presentes. Cando sae o encanto (en figura de animal coma serpe, vaca, touro, carneiro) hai que darlle un pao na cabeza e o encanto desfaise ou derrétese en cartos. Neste castro hai unha cividade (unha cidade) soterrada feita sobre catro columnas de ouro. Pero non se pode desenterrar; con só tocarlle, a cidade desaparecería.
BIBLIOGRAFÍA