Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Galicia desaparecida

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Veiga do Real

A Veiga do Real está na parroquia de Montouto, concello de Abadín (Lugo). tamén se coñece como As Mariñas do Real: »Alí diz que houbo un pueblo e hundeuse, que sei eu, dixeron que se hundira, que houbera algún día alí un pueblo. E cachos de madeira que a viran alí. —¿Nunca oíu contar porque se afundira? —E dixeron que fora con moita lluvia... que viñera un ano de moita lluvia e que se hundira. —¿Un diluvio? —Sí, un diluvio. —¿E quedara a xente dentro tamén? —Ai, a xente non sei, e debeu quedar habéndoa, vivindo alí, porque dicían que houbera un pueblo. —¿E como se chamaba o pueblo? —Alí, a Veiga do Real». »E esa Veiga do Real, llana coma aquí, pero ten, voulle dicir, unhos cotarelos que despois, redondos, despois no medio introducíronse por baixo, teñen... Hai outro que dicían que, as madeiras vinas eu, eh, as madeiras vellas vinas eu...»

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: