Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Galicia desaparecida

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O derradeiro habitante de San Miguel Vedro

Hai unha lenda de porque se deixou de habitar este lugar. Un dos últimos habitantes era un home que tiña un can que o defendía dos lobos. Tal era a fama daquel can que un señor feudal interesouse por el e quíxollo comprar pero o dono non estaba disposto a vendelo. Estiveron terqueando acerca da venda do can e vendo o señor feudal que non podía conseguilo, usou as súas influencias e apropióuselle do can para participar en cacerías. O último habitante de San Miguel Vedro, en Nebra, concello de Porto do Son (A Coruña), ó verse indefenso ante os lobos tivo que abandonar o lugar, e xa nunca máis foi habitado. Houbo unha vez unha tormenta moi grande e desfixo o lugar, as campás da capela que din que eran de ouro levounas a auga e que están depositadas no río de Queiro no Poso Negro onda o Muíño de Cubelo cerca de Resúa.

[Texto remitido por Gustavo Carballo, de Porto do Son (A Coruña). Xuño de 2015]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: