Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Galicia desaparecida

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O desaparecido cruceiro de Rubiás

Este cruceiro, que estaba ao pé da estrada Lugo-Vegadeo (Nacional 640), na parroquia de Rubiás, concello de Lugo (Lugo), xa non existe; ou, polo menos, non está onde estaba.
No ano 1987, cando realizabamos o inventario das cruces e cruceiros do concello de Lugo, xa fora apartado uns metros da súa ubicación orixinal por mor de ampliar a estrada, e hai uns anos (poñamos entre 2008 e 2010) desapareceu da nosa vista, sen que teñamos ningunha referencia de onde pode estar.
Como se pode comprobar na fotografía, que é do ano 1985 (velaí uns aínda mozos e ben fermosos Fernando Arribas Arias (centro), Xoán R. Cuba Rodríguez (dereita) e Antonio Reigosa Carreiras) (esquerda), era un cruceiro esvelto, con restos de policromía, datado, segundo inscrición no anverso do fuste, en 1887.
Segundo nos contaron entón dúas veciñas da mesma parroquia, o cruceiro fíxose con motivo de suceder naquel lugar unha desgraza. Foi que se presentou unha treboada e tres homes que había por alí fóronse gardar debaixo duns castiñeiros.
Dous deles, por arremedar o trono, dixeron: Zocas de macira! Zocas de macira!
E caeu un raio que os matou aos dous.
Só se salvaou o que non dixo nada, un tal José García.
Velaí un exemplo máis de como pode desaparecer a un tempo o patrimonio material e o inmaterial: unha fermosa obra artística e a memoria dun sucedido mítico.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: