Actualizado en data 27/07/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Galicia desaparecida

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro de Abuín

O suposto tesouro de Abuín, en Leiro, Rianxo (A Coruña) está por atopar e pode que nunca se dea con el. Dise que este tesouro é a causa de que as casas do lugar fosen abandonadas hai tempo, non se sabe cando, nin tampouco se a causa foi unha peste ou unha maldición. Para chegar cabo dos restos do que foron casas habitadas hai que andar camiños vellos entre a arboreda e as silvas.
Para os que acreditan nunha maldición como causa da desaparación das persoas que vivían en Abuín, hai varias posibilidades a barallar: para uns vén dun posible roubo no mosteiro de Armenteira, se cadra un cáliz abandonado por un crego, ou un tesouro oculto mesmo, se cadra, perdido ou agachado en Abuín desde os tempos das razzias dos pobos nórdicos.
Para os partidarios da teoría da peste como causa do abandono de Abuín, hai que remontarse ao s. XIV cando unha praga matou a unha parte e fixo fuxir ao resto dos habitantes.
Castelao no relato “Camiño esquecido” (Cousas) recrea unha historia con sospeitoso parecido a esta:

Aquela “verea vella” turraba por min e, cando me fixen home, arrisqueime a pasala. E máis alá da medoñenta congostra topeime cunha aldea sen xente


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: