Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Galicia desaparecida

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Outra lenda da lagoa de Antela

No lugar que hoxe ocupa a lagoa Antela houbo noutros tempos unha cidade chamada Antioquía... os seus veciños asoballaban ás xentes dos arredores e non tiñan caridade con ninguén. Quixo Deus castigalos, mais Xesús propúxose salvar aos xustos que houbese. E veu á terra, e foi a Antioquía na figura dun esmolante e tentou a caridade enteira da primeira á última casa pedindo esmola e non achou a ninguén que sequera lle dixese: "Deus te axude". Postreiramente, cando xa marchaba co corazón atristurado viu unha casarella coa porta suchouza e unha velliña agarouchada a carón dun lumiño que máis afumaba que aquecía. Xesús arrimouse e pregou:
-Unha esmola por amor de Deus. -Pase quen sexa –dixo a velliña.
E Xesús pasou. E a velliña sentouno ao lume e muxía unha cabra que tiña e deulle unha cunca de leite e un anaco de bica. E despois deitouno na súa camiña de farrapos. Cando á alba do día espertou, Xesús díxolle á velliña:
-Ven, quero que olles o que foi de Antioquía.

E a velliña quedou sorpresa cando viu que no lugar que ocupaba Antioquía se estendía unha lagoa que asolagaba a vila. E ninguén se salvara fóra da velliña. Na mañanciña de San Xoán, cando o primeiro raio de sol relampra na lagoa, alá embaixo, moi fondo albíscase o campanario da igrexa. E na noite do Nadal, ás doce en punto óense cantar os galos.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: