Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

nº 16 (2020) BLANCO PRADO, J. Manuel e MUÑIZ BESTEIRO, Manuel: Oratorios, cruces de misión e Viacrucis do concello de Palas de Rei

© José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz Besteiro

 

 

Trátase dun municipio, que está situado na bacía alta do Ulla e posúe unha extensión de case 200 km2  (199,58), onde hai 43 parroquias. Nelas distribúese – segundo o I.G.E. do 2017- unha poboación de 3489 habitantes. Este municipio lucense está situado no centro xeográfico de Galicia, limitando coas provincia de A Coruña e Pontevedra e constituíndo xunto a Monterroso e Antas de Ulla a comarca de “A Ulloa”, val fértil polo que transcorre o río Ulla. A capital municipal radica na entidade de poboación de Palas de Rei, que reúne a maioría da poboación municipal ; este núcleo de poboación dista 35 km. da capital provincial e está situado á beira da estrada N-547, Lugo – Santiago de Compostela... (Seguir LENDO)

 

 

 

BLANCO PRADO, J. Manuel e MUÑIZ BESTEIRO, Manuel: Oratorios, cruces de misión e Viacrucis do concello de Palas de Rei (PDF)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: