Ritos, obxectos, crenzas varias..
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Conto: O abandono dos vellos no Pico de Sinde [ATU-980: The Ungrateful Son]
Segundo testemuño recollido por Xosé Luis Otero Cebral, os veciños do lugar de Sinde, parroquia de Canduas, concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), tiñan por costume levar as persoas en trance de morte ao Pico de Sinde, a croa dun dun castro, e abandonalos para deixalos morrer. Desque falecían ían recoller o corpo para darlle sepultura conforme ao rito relixioso.
Incluso parece que os levavan ao monte tamén xa defuntos, como fórmula de achegamento ao Máis Alá, dada a proximidade simbólica dos curutos dos montes co Outro Mundo.
No castro de Sinde, segundo a lenda, hai unha fonte que vai dar á aldea e praia de San Pedro, e tamén hai un tesouro que os mouros enterraron tan profundo que ninguén puido dar con el.
COMENTARIOS ENVIADOS