Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ensalmo para curar o fogosalvo

Lázaro en una fuente estaba,
cuantos gritos y berros daba.
—Lázaro, ¿Tú qué haces ahí?
—Aquí estoy lleno de zázaro y sarampión,
fogosalvo y saltón.
—Pues Lázaro, dale con un cerbal, cinza
e carbón de tras o lar,
sal de la mar,
agua de una fuente planar
para que non medre
non creza nin xunte
o rabo coa cabeza
nin faiga cousa
que mal pareza.
__________
Recompiladora: Magdalena Alonso Franco, alumna de 3º de Educación Infantil, Facultade de Ciencias da Educación (USC). Curso 2001-2002.
Informante: Gumersinda Franco Rivera (82 anos).
Lugar e data de recollida: Tiquión, As Somozas (A Coruña). 16 de xuño de 2002.
Proxecto: Documento extraído do traballo de investigación da autoría da recompiladora para a asignatura “Literatura galega de transmisión oral” impartida polo profesor Armando Requeixo, curso 2001-2002.
__________


(O fogosalvo) É unha inflamación cutánea producida por un virus que se estende pola pel. Maniféstase pola aparición dunhas pequenas ampolas, que forman unha carapela cando secan.
Esta doenza adoita confundirse con outras de índole cutánea como o ‘fogardente’, a ‘fogaxe’, o ‘eccema’, o ‘salvaxe’ etc. As máis das veces adoita identificarse co herpes zóster, que é unha infección causada polo mesmo virus que o da varicela. Adoita manifestarse por unhas ampoliñas moi dolorosas, que forman unha especie de serpe ou culebrilla, acepción popular da doenza
.

José Manuel Blanco Prado (2010), «As doenzas relacionadas coa boca, coa hernia infantil e coa pel na provincia de Lugo. Ensalmos e rituais etnomédicos (III)», en Croa, Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga, nº 20, páx. 64-85

El vulgo conoce con este nombre a unos granos que aparecen en la cara, piernas, brazos o por el cuerpo en general, indoloros y que producen supuración. Levantan la piel, dejándola “escarapelada” y desprendiendo caspa.

Víctor Lis Quibén (1980), La medicina popular en Galicia, Akal, Madrid.



Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: