Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Contos tradicionais do Corgo

O Concello do Corgo, a través do Proxecto CORGORAL, pretende recompilar, estudar e salvagardar a Literatura Popular de Tradición Oral e o Patrimonio  Cultural Inmaterial de interese municipal. Na páxina web do concello teñen habilitada unha pestana específicamente nomeada multimedia na que van dando a coñecer unha parte destas recollas: tradicións, contos, lendas, historias… amais de imaxes, textos e cantigas: fotografías antigas, publicacións sobre O Corgo, prensa escolar… oficios artesanais, festividades cíclicas anuais, romarías, procesións…

+Coñece o Proxecto Corgoral

Contos tradicionais do Corgo

Hai poucas datas presentaron unha nova publicación denominada Contos tradicionais do Corgo, unha escolma de textos deste xénero de literatura de tradición oral en cuxo texto de presentación asinado por Lois Ladra se di:

Ofrécese aquí unha escolma ou breve antoloxía dos textos escritos nos que se recolleron estas narracións populares tradicionais, ordenándoas de xeito cronolóxico, desde as máis antigas das que temos constancia —datadas na década dos cincuenta do século pasado— ata as mais recentes, que contan con pouco mais de unha ducia de anos.

As tres principais fontes bibliográficas que nos serviron de axuda e guieiro neste labor de recompilación de etnotextos de LPTO son: os Contos tradicionais da provincia de Lugo (Carballo, 1963), a obra O galego en Queizán (Castro, 1986) e as diferentes cabeceiras da prensa escolar local (Ladra, 2021b).

Deste xeito, foi posible reunir mais de duas ducias de contos tradicionais recollidos en diversas parroquias do Corgo, cos seus correspondentes textos revisados polo filólogo. X. M. Castro Castedo. Todos eles constitúen unha senlleira escolma na que podemos aprezar o enxeño popular en narracións curtas e cheas de retranca. A idea principal que preside a maioría destes contos é a de defender a utilidade da intelixencia e da audacia como ferramentas indispensábeis para que a xente humilde poda superar os enganos e as falcatruadas dos ricos, fortes e poderosos. A fin de contas, xa se sabe: a ironía é a arma dos pobres e facer cumprir as leis non é o mesmo que impartir xustiza.

Lois Ladra

O Corgo, no mes de Santiago do ano 2023

+Contos tradicionais do Corgo (PDF)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: