Literatura oral
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Conto de Entroido: Moito touciño
En tempos de necesidade ata no Entroido podía escasear a carne. E era unha vergoña.
Foi o que lle pasou a unha familia de Cotobade que tiña un gran rabaño de fillos e tan só un pequeno bocado de touciño pendurado da touciñeira.
O pai, para que os fillos non fosen contándolles aos outros que non tiñan carne para comer, o día de Entroido untoulles ben untados a todos os beizos con aquel touciño e díxolles que non os limpasen ata o remate do día.
Cando o maior dos fillos foi xogar cos da veciñanza, un deles, ao verlle o queixo cheo de graxa, preguntoulle:
—Seica comiches moito touciño?
—Este que se ve! —respondeu, moi satisfeito.
***
Nota: Recreación inspirada na versión que Antonio Fraguas achega no artigo que se cita na bibliografía.
BIBLIOGRAFÍA