Literatura oral
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Felicitación
«Cóntase que nas terras de Frieiras, chegado o tempo da matanza, o crego subíase ó púlpito e dende alí felicitaba ós freigueses e lles desexaba que as festas as pasasen con saúde e alegría. Din que en certa ocasión, meteu no medio da plática os seguintes versos bulreiros:
Entrecosto e lombelos
o que quera levar, léveos;
pero a rileira e a paxaraleira
alá, alá con ela.»
BIBLIOGRAFÍA