Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

CONTO: O pobre e o rico*

Morreu unha vez un pobre aldeán que foi á porta do Paraíso, e ao mesmo tempo morreu un señor moi rico que subiu tamén ao Ceo. 

Chegou san Pedro coas súas chaves, mandou entrar ao señor pero, sen dúbida, non viu o aldeán pois cerrou deixándoo fóra, desde onde escoitou o pobre a alegre recepción que facían ao rico con música e cantos.

Cando quedou todo en silencio volveu ao fin san Pedro e mandou entrar ao pobre, o cal agardaba que ao seu regreso volverían a soar os cánticos e as músicas, mais todo continuou en silencio. Recibírono con moita alegría, iso si, e os anxos saíron ao seu encontro, peor non cantou ninguén.

Entón preguntoulle a san Pedro porque non había alí música para o pobre como para o rico, e se no Ceo reinaban as mesmas diferenzas que na Terra.

—Non (contestoulle o santo). O mesmo aprezo nos merecedes un ca outro, e ti obterás a mesma parte que o que acaba de entrar nas delicias do Paraíso; pero mira, pobretóns coma ti chegan aquí a centos todos os días, mentres que ricos como o que acaba de entrar, apenas vén un de século en século.

*Traducido de “El Lucense”, diario católico da tarde, nº  1634, páx. 3 (26/03/1890).

Nota
Trátase dunha copia da versión dun conto do mesmo título recreado e publicado polos irmáns Grimm.

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: