Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Literatura oral

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Conto: A manta partida e o monte das Penizas [ATU-980: The Ungrateful Son]

Érase unha vez nun pueblo. Entonces estaba o abuelo, o pai… estaba o pai, o fillo e o neto. Entonces o paí díxolle… era unha leyenda que ó que non podían traballare levábanos ó monte, no monte había un sitio que lle chamaban As Penizas e levaban alí a xente de edá, a xente que xa non podía traballar.
Entonces díxolle o fillo ó pai:
—Meu pai, agora tócalle de ir pa o monte. Voulle dar unha manta e vouno levar.
E díxolle o pai:
—Bueno, e se me toca terei que ire.
Entonces foi, colleu a manta e íballa dar ó pai; e díxolle o neto ó pai:
—Papá, corta a metá da manta e déixaa quedare!
E díxolle o pai:
—E pa que a queres, meu fillo?
E díxolle el:
—Pa cuando ti seas vello coma meu abuelo, lévalo ao monte coa metá da manta.
E díxolle el ó pai; o pai do rapaz díxolle ó pai:
—Meu pai, de a volta que eu non quero ir po monte como vai usté.
E díxolle el:
—Meu fillo, gracias ó neto que senón ben estaba alá nas Penizas.

[Transcrición da versión oral de Consuelo "Chelo" Durán Carballal (n. 1940), residente en A Correa, Xirarga, Beariz (Ourense). Gravación da polafía organizada pola AELG en Xirarga o 1 de outubro de 2011. ]
Enlace vídeo [Arquivo Polafías AELG]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: