Conto: Levar os vellos aos Eiteiriños [ATU-980: The Ungrateful Son]
Na aba do pico de Graiade, no concello de Porto do Son (A Coruña), hai un conxunto de pedras chamadas Os Eiteiriños.
Este era o lugar cara onde ían repousar os vellos do lugar de Xestas cando sentían a morte chegada. Ao ancián acompañábao outra persoa ata alí, axudándolle a levar mantas para non pasar frío mentres non lle chegaba a hora de morrer.
Dunha vez, o vello que quedaba alí agardando a morte díxolle ao que o acompañara que levase consigo de volta algunha manta, que lle había cumprir para cando fose el o que quedase alí.
O outro preguntoulle, sorprendido, se é que tamén el mesmo ía facer ese camiño, ao que o vello respondeu con acenos que si.
O novo volveu, colleu a manta que o vello lle ofrecía e marchou finalmente de volta para a casa.
[Texto de Xosé Antonio Formoso Lado, de Mariñaos, Oroso (A Coruña)]
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS
Eu son de Porto do Son e tal como mo contaron foi o neto quen o acompañou, e o abó suplicaba que non o deixase alí. O neto díxolle que partira manta á metada que él se quedaba cunha parte e que non se preocupara que había de vir a por él. O pai do rapaz cando o veu chegar coa metade da manta berroulle, que iso non era o que tiña que facer e o rapaz díxolle que así aforraban e esa metade quedaba para cando lle tocase levar ó pai. Ó escoitar isto o pai marchou a correr en busca do vello.
Enviado por Lidia Mariñp Ventoso o 04/05/2010 ás 18:02:31
Antes cando os velhos ja nom serviam para trabalhar levábanse ao monte a abandoábanse alí para que morreram. Um dia um home foi levar o seu pai, e na metade do caminho pararom a descansar. O velho sentouse numha pedra e dijolhe ao filho: "nesta pedra tamem se sentou meu pai cando o troujem eu, e igual tamem te has sentar ti nela cando teu filho te traia a ti." Entom o filho levou de novo a seu pai para a casa e rematou a tradiçom.
Así lembro que mo contou minha nai, nacida em S. Miguel de Deiro, Vilanova de Arousa, no ano 1936.
Enviado por siso o 05/05/2010 ás 2:50:00
Enviar comentario a este artigo: