Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O cruceiro da deshonra e a Porta do Inferno

Localización: Bao
Parroquia: Lagoa (san Vicente)
Concello: Alfoz (Lugo)

Este cruceiro é coñecido por este nome (cruceiro da deshonra) porque segundo se asegura por tradición oral, na finca de a carón enterrábanse os recén nacidos que sendo fillos da nai solteira morrían (fose a morte natural ou provocada) sen bautizar.
Por moito tempo a igrexa prohibiu soterrar aos non bautizados no camposanto, polo que nestas situacións procurábase un lugar “protexido”, sacralizado, na contorna dunha cruz ou dun cruceiro.
Ao tempo, os vivos tamén aseguraban a súa protección fronte a unha posible reacción ou aparición dunha ánima sen cristianizar.
Chama a atención a representación de Xesús Cristo no anverso da cruz, unha imaxe esquematizada con corpo infantil. Ao parecer, o cruceiro ten unha inscrición, agora ilexible, que chamaría a atención das mozas sobre o destino do froito dun pecado sexual.

A Porta do Inferno
A poucos metros do lugar onde se sitúa este cruceiro ten a entrada un monte coñecido como a Porta do Inferno.
Deste monte dise que unha vez entrou nel un veciño co seu can e xa non regresaron.

Fotos

Escaneadas do artigo que se cita na bibliografía



BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: