CATEGORÍAS RELACIONADAS
[ATU 288B*] Cen anos non son nada
Nos lameiros do rural galego hai moitos regos con tornas que levan a auga dos regueiros para eses lameiros, para que a herba medre. Cando xea de noite é moi importante regar o lameiro para que a xeada non queime a herba. Tamén hai regos para regar o froito das veigas durante o verao...
O caso é que un día un sapo quería ir dun lameiro para o outro pero atopouse no camiño cun grande rego de auga que ía para un lameiro. O sapo non sabía se saltar ou non saltar; tiña medo de caer no medio do rego e afogar.
Estivo así cen anos, pensando se saltar ou non. Ao fin dos cen anos, decidiu saltar. O pobre sapo acabou caendo no medio do rego e arrastrado pola arroiada da augo do rego. Mentres loitaba por poder sair da auga para non morrer afogado, o sapo dixo para os seus adentros:
—As présas nunca foron boas! Hai que pensar ben as cousas antes de as facer!
Recreación do conto (rememorado en novembro de 2026) escoitado por Manuel (entón un neno menor de 10 anos ) en Prados, parroquia de Ribela, concello Coles (Ourense) na década 1950-1960 de boca do seu avó, José, cando este andaba entre os 76 e os 86 anos de idade.
Ver: O lugar dos contos






