CATEGORÍAS RELACIONADAS
[ATU 150] O raposo e o barqueiro ou as tres verdades mais grandes do mundo
.jpg)
O raposo quería pasar ao outro lado do río porque habia unha cesta con pitos (polos) pero non tiña cartos para pagarlle ao barqueiro.
Entón propúxolle que, se o pasaba, lle contaba as tres verdades mais grandes do mundo.
O barqueiro aceptou coa condición de que lle contara unha ao subir, outra polo medio do traxecto e outra ao chegar ao outro lado do río.
Cando subiron, o barqueiro díxolle ao raposo que lle tiña que contar a primeira.
Entón, o raposo dixolle:
—Mira que noite máis clara! Mesmo parece día, pero o día éche día. Se non fose día, eu non vía a cesta cos pitos do outro lado do río!
Cando ían a medio camiño, o barqueiro dixolle ao raposo que lle tiña que contar a segunda.
Entón o raposo dixo:
—A xente di: mira que pan! Mesmo parece de trigo, pero mira, o trigo éche trigo!
Cando chegaron ao outro lado do río, o barqueiro preguntoulle pola última verdade que lle tiña que contar.
Entón o raposo dixo:
—Mira, barqueiro, se todos fan coma min, non che fai falta bolsa para o diñeiro!
Este conto tradicional (ATU 150), que recollemos en versión da Mestra da Memoria da AELG 2014, Elba Requeijo (Abadín, Lugo) 1943- 2025), foinos remitido pola súa filla, Patricia Fraga Requeijo en agosto de 2026.
-Máis info sobre Elba Requeijo






