CATEGORÍAS RELACIONADAS
[Conto Tipo ATU 769]: A tumba do neno
«A unha señora morreulle un neno de cinco anos; e choraba por el. Un día veu unha bandada de páxaros; e un deles viña todo mollado. E a señora dixo:
–Que paxariño todo mollado, ¡debe estar enfermo!
E o páxaro díxolle:
–Non, mamá; eres ti, que non me deixas tranquilo coma outras. Estou molladiño, bañado das lágrimas. Desde hai tres anos que morrín, non deixas de chorar por min».
Texto extraído do libro de Marcial Gondar Portasany 'Romeiros do Alén. Antropoloxía da morte en Galicia' (Vigo, Xerais, 1989, p. 167).