Actualizado en data 02/05/2025

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Contos do Valadouro

Velaquí a cuarta edición dun libro singular, un clásico no campo da divulgación da nosa literatura de tradición oral. Un total de 352 textos que constitúen pegadas indelebles da nosa cultura popular. Unha sorte de vademécum onde atopar todo, ou case todo, o que se debe saber sobre a literatura tradicional da comarca do Valadouro. Nunca se cerra o círculo do coñecemento, é certo, outras e outros deberán vir detrás deste extraordinario traballo dos tres precursores e seguir rastrexando o esquivo patrimonio oral que nos toca herdar, mais esta obra constitúe, con certeza, a pedra fundacional sobre a que se vai edificando con plena seguranza a fabulosa memoria do Valadouro.

Autores; Xesús Pisón, Manuel Lourenzo e Isaac Ferreira.

Ilustracións: Xesús Pisón

Edicións Embora / Abril de 2025

ISBN: 978-84-19853-18-9

136 páxinas

Prólogo á 1ª, 2ª e 3ª edicións : X. M. Vázquez Varela, 1998.

Prólogo á 4ª edición: Antonio Reigosa,. 2025

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: