Actualizado en data 15/12/2017

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas urbanas

Se non é vero, é ben trovato.
Lendas aparentemente urbanas, aparentemente modernas e aparentemente contemporáneas sendo, sen embargo, moi antigas. Difúndense coma rumores. Xeralmente tratan de medo, de terror ou de misterio e narran sucesos tidos por certos e cribles pois sóenlle pasar a coñecidos, a un amigo dun amigo, a un familiar, e soen suceder en lugares próximos ao narrador e ao oínte. Estas historias pódennos pasar a nós mesmos. Representan a forma máis dinámica e viva de renovación e recreación da literatura tradicional.