Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas urbanas

As empanadillas do moribundo

Un pobre paisaniño do Courel (Lugo) estaba moi maliño deitado na súa cama cando sentiu o olor da comida que máis lle gustaba, as empanadillas que lle facía a súa muller.
A pesar do seu estado, non o puido resistir; ergueuse da cama, baixou as escaleiras e foi dereitiño á cociña. E alí estaban, sobre unha mesado de madeira, nun prato a reverquer, unhas empanadillas recén feitas e quentiñas.
Máis cando lle bota a man a unha para levala á boca, alguén bateulle na caluga con algo contundente:
—Que fas?
O home desplómase como consecuencia do golpe e da súa enorme debilidade, pero cando xira a cabeza para ver quen o acosa ve a súa muller cun cullerón de ferro na man, disposta a repetir o golpe, e berrándolle:
—Nin se che ocorra comelas que son para o velorio!

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: