Actualizado en data 10/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas urbanas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Pragas e bichos que nos botan desde o aire

Hai moita xente que sostén que a invasión de piollos se debe a que helicópteros e avionetas bótanos dende o aire e espállanos nas cabezas da xente. Tamén se di que cando hai proliferación de serpes, víboras e demais réptiles tamén se deben a que helicópteros e avionetas "de Medio Ambiente" os botan e os introducen no hábitat natural dende o aire, (pobres bichos, sendo animais vertebrados non sei que tal encaixarían tal caída ¡deben ser bichos inmortais, polo menos!). Pero aínda son moito peores os relatos que dan fe de que animais considerados "alimañas" (lobos, raposos, xinetas e outros mustélidos) tamén son tirados  e introducidos por medios similares. A verdade é que eses medios aéreos teñen que voar moi, pero que moi, baixo para non matar ós pobres animais.

[Texto remitido por Xurxo Broz e Cristina Vázquez, de Melide (A Coruña). Setembro de 2016]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: