Actualizado en data 26/03/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Lendas urbanas

A moza da curva en Cataluña

Ilustración de X. Manuel Segade Rivas

Tódalas noites de néboa nunha curva moi perigosa de Cataluña aparécese unha moza loira moi fermosa, aínda que pálida, cunha mochila nas costas.
Unha vez unhas rapazas recollérona no seu coche antes daquela curva e ela sentou nos asentos de atrás. As rapazas intentaban que ela falara pero non dixo nin pío. Nisto que están chegando á curva e a moza de pronto di:
—Tende coidado, que aí hai unha curva moi perigosa!
A rapaza que conducía non deu freado a tempo e caeron polo terraplén que había debaixo. Cando as mozas se xiraron para ver se a moza estaba ben quedaron apampadas ao ver que nos asentos de atrás do coche non había ninguén.
Máis tarde souberon que esa moza morrera tempo atrás e que segundo dicían aparecía todas as noites de néboa para avisar aos conductores dos perigos daquela curva.

Recompiladora: Alba Fernández Alonso, alumna de 4º de ESO no IES Virxe dos Ollos Grandes (Lugo), curso 2006-2007.
Informante: Miguel (23 anos).
Lugar e data de recollida: Navia de Suarna (Lugo), ano 2007.
Lugar da lenda: Cataluña.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Eu coñezo esa mesma historia, só que con lixeiras modificacións:
1. A estrada na que aparece é a que vai de Gondomar a Tui.
2. A rapaza vai vestida de branco e non se mete no coche, senón que aparece en plena curva.
3. O que busca non é salvar, senón provocar máis mortes coma a súa

Enviado por Soraya Domínguez Portela o 30/01/2008 ás 11:05:36


eu coñezoa de outra maneira,os feitos aconteceron en Mondoñedo

Enviado por Isa o 10/12/2009 ás 19:02:53


eu coñezo esa lenda, pero é distinta:
·A rapaza e morena e vai vestida de negro
·Non cae ninguén polo terraplén, se non que ela salva a todo o mundo
·A estrada está en Marín

Enviado por Lía o 29/10/2009 ás 13:29:40


Conheço outra versão deste mito, trata-se da "La Chica de la Curva", uma história mais tenebrosa que esta e passa-se na Venezuela.

Enviado por António o 09/12/2019 ás 0:44:54


Enviar comentario a este artigo: