Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 085: O Xudeu Errante

Carré Alvarellos recolleu en Vilamelle, Pantón, a historia de cando pasou polo lugar un home vello, cabelos longos e vermellos, barba cana, mal vestido cun manto amarelo rachado.

A xente celebraba o Nadal e o vello dixo que non había motivo para festas, que o sol había saír todos os días, que o lobo comería carne e que os homes morrerían como sempre.

Recoñecérono, insultárono e tiráronlle pedras. Era o Xudeu Errante, o mito do eterno vagar universal. Fora zapateiro e cóntase que cando Xesús Cristo pasou coa cruz ao lombo camiño do Calvario e quixo descansar diante do obradoiro, el ameazouno con picalo coa subela.

Quedou maldito, condenado a andar sen parar mentres o mundo sexa mun­do. Só come pan ácimo, fala todas as linguas, dorme de pé e ten medo das campás. Nunca se deita. Amais, ás tres en punto da tarde do Venres Santo ten que estar en Xerusalén. Visitou Compostela en 1267.

Nas cidades asolagadas —nas que remanece a vida precisamente en Noiteboa— adoita haber un malvado zapateiro que maltrata a Virxe e mais ao Neno Xesús.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 29 de decembro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: