Actualizado en data 19/04/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Heroes e heroínas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Virxe Catalina da Torre de Xiá (ou de San Paio de Narla) de Friol

Son varias as lendas relacionadas coa Torre de Xiá, en Narla, Friol (Lugo), entre elas a da "Cova da Serpe" ou a da "Dona da Torre" estoutra é unha versión creo que non moi coñecida fóra do concello. Hai moito tempo na torre de San Paio de Narla había un home chamado Federico que estaba casado cunha muller chamada Catalina. Federico, matou a Catalina. Cando a foron enterrar puxéronlle algodón para que non perdera sangue e fórona enterrar a Sobrado dos Monxes. Catalina tiña uns irmáns en Italia. Tres anos despois de que ela morrera viñeron a Galicia os seus irmáns e foron a Sobrado dos Monxes a desenterrala. Cando a desenterraron, sacáronlle os algodóns que tiña metidos onde lle cravaran o puñal. Os irmáns sorprendéronse ao ver que a súa irmá non podrecera. Entón eles déronse conta de que ela era unha virxe e por eso agora lle quedou o nome de a “Virxe Catalina”. Recollida por alumnos do C.P.I. Dr. López Suárez" de Friol no ano 2.004 e enviado por J. María Carricoba.
Ver mapa más grande.

 

LENDARIO DA TORRE DE XIÁ, SAN PAIO DE NARLA, FRIOL (LUGO)

-A Cova da Serpe de Friol

-A Virxe Catalina da Torre de Xiá (ou de San Paio de Narla) de Friol

-Muerte alevosa, entierro honorífico de doña Cathalina de San Tiso y novedad prodigiosa, que se admiró en el entierro de su cuerpo

-O Pazo de Narla e a traxedia de dona Catarina

-Un fantasma na Torre de San Paio de Narla


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: