Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Flora

CATEGORÍAS RELACIONADAS

[Ditos e refráns dos cogomelos] Netorra acelme, que non cha coma o verme

Netorra raiña (Russula aurata)
Netorra das carballeiras, (Russula cyanoxanta)
Netorra virescens (Russula virescens)
“Netorra acelme, que non cha coma o verme”
“Netorra do carballo, por ela o crego perde o rosário”
“Os cregos e as lesmas das netorras fan festas”
“Tremer, netorras: ai vos vén a negrura de lesmas e curas”
A Russula cyanoxantha é, xunto á R. Virescens, e a R. Aurea, son as mellores Netorras comestibles;pódense consumir en pequenas cantidades, tamén crúas en salada. A pesar da extrema variabilidade da cor da cutícula, é en todo caso recoñeccible por romper coma o xiz e o seu sabor agradable ou acelme; se pican non son comestibeis

[Texto e foto achegados por Cristovo Ruíz Leivas]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: