Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Flora

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Fauna.Crenzas varias

CASTAÑAS
As castañas señeiras, señaregas, señoreiras, uñeiras (as que están soas no ourizo) dánselles ás cabras e ás ovellas para que pairan crías femias. Ao tempo que se lles dá díselles: “Toma esta castaña señeira, pasa pola abelleira e traéme unha cordeira branca, ou moura, ou como queiras”. Tamén se lles dan ás cabras para que traian dúas crías, e ás ovellas para curarlles o uñeiro.
[Otero, Ribeira de Piquín]

PESTE DOS PORCOS
Enfermidade moi contaxiosa e grave que ocasiona unha enorme mortaldade en persoas e animais.
Nun santuario próximo a Monforte de Lemos (Lugo) hai unha pía de madeira chea de auga. Antigamente había que botar naquela pía tres cás (moedas de dez céntimos de peseta), deixar dúas e recoller unha que se levaba para a casa para cravar na maseira onde comeran os porcos e nunca máis terían peste os animais.
[Risco, Miscelánea]

PIOLLOS
A quen come castañas crúas, nácenlle piollos na cabeza [Zoñán, Mondoñedo]

SANGÜEIRA
Insecto coleóptero que segundo se cre pode causar a morte do gando que o coma entre o pasto.
[Otero, Ribeira de Piquín]

TOUPA
Mamífero insectívoro subterráneo de pequeno tamaño, ollos atrofiados e mans dianteiras capaces de excavar, pertencente á familia dos túlpidos (Talpa europaea).
Para curar ou bendicir a enfermidade chamada coxo é bo o cuspe de certas persoas que obteñen ese poder por ter matado tres toupas redondas, cada unha con tres puñadas. O coxo causado pola toupa é, con diferencia, o máis perigoso, pois igual que o animal foza e remexe a terra, así fai o seu coxo que foza na carne e remexe na ferida.
O que mata unha toupa cun só golpe obtén o poder de curar as dores de ventre aplicando a man coa que matou a toupa. Desque morre a toupa hai que collela e tirala para atrás por enriba do ombro esquerdo e sen mirar.
[Risco, Miscelánea]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: