Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Flora

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Flor do Lirolai

Flor marabillosa que medra nas ribeiras. É un lirio de cor violeta. Arreda todos os males, a fame, o cansazo, pero só nas mans dunha persoa inocente.
Por consello dunha sabia, unha señora enferma deixou ir os seus tres fillos buscar a Flor do Lirolai, que seica podía curala. Dos tres só a atopou o máis novo, mais ao volver para a casa os outros dous quitáronlla, matárono e enterrárono.
A señora curou do seu mal mais non da dor que sentía pola desaparición do seu fillo máis novo. Un día viu unhas flores douradas, gustáronlle e arrincou unha. E de súpeto saíu unha voz de debaixo da terra:
Non arrinques os meus cabeliños
que son loiros e riciños.
Os meus irmáns me matar
pola Flor do Lirolai.
A muller, sen saber de onde viña aquela voz, arrincou outra flor, e de novo oíu:
Non arrinques os meus cabeliños
que son loiros e riciños.
Os meus irmáns me matar
pola Flor do Lirolai.
Era a voz do seu fillo pequeno. Cavou na terra, atopou o rapaz que aínda estaba vivo e contoullo todo.

[Extracto do “Diccionario dos seres míticos galegos”]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: