Actualizado en data 10/08/2022

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Flora

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 082: O acivro do amor

Tamén chamado acevo ou xardón, o acivro (Ilex aquifolium) é árbore silvestre, de duras follas brillantes elípticas ou ovais, con espiñas nos bordos, flores brancas e froito en forma de baga vermella. A madeira é clara, dura, compacta, flexible e resistente. Usouse en torneados e ebanistería. Árbore protexida e en perigo de extinción.

Segundo o Ciprianillo, a rama chamada acibiño é boa para conseguir que unha moza se fixe nun mozo. Hai que cortala ás doce da Noite de San Xoán, despois pasala por debaixo de trece ondas mariñas, rezando un credo a cada onda. Cando esa rama roce a moza, queda, disque, seducida.

Bicarse debaixo dun acivro en Noiteboa asegura amor e descendencia. Decorar a árbore de Nadal e as casas con pólas de acivro cangadas de froitos ten que ver con esta crenza.

Da casca da árbore, deixándoa en auga ata que podrece, obtense o visgo, unha substancia pegañenta que se usou para atrapar paxaros.

Nas festas da Ascensión e do Apóstolo en Santiago vendíanse varas de acivro que se usaban para varear as cabalerías afectadas de torzón ou cólicos.


SerieMicromitos


 

ublicación: Nós Diario, 23 de decembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: