Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 068: O cardo branco

A carón da fonte que hai na aldea de Castiñeira, en Vilariño de Conso, nace todos as primaveras un fermoso cardo branco. Disque é a figura que toma unha moza moura alí encantada.

Unha vez pasou a carón da fonte un rapaz que viu a moza peiteándose cuns peites relucentes de ouro e prata. O rapaz preguntoulle quen era e que facía, e ela respondeu:

—Estou encantada e non sabes canto me gustaría que me desencantases.

—E como poido facer? —preguntou o mozo.

—Tes que vir pola mañá moi cedo. Eu vou saír da fonte en figura de serpe e ti, sen que se che note o medo, fasme sangue e xa me desencantas.

Mais o mozo non madrugou e cando deu chegado, a moza deixara de ser serpe e recuperara a figura de moura polo que, moi enfadada, díxolle:

—Como non fixeches como che pedín xa non me podes desencantar. Terei que quedar aquí para sempre!

E desapareceu polo cano da fonte.

«Desde aquela, anos tras ano, cando chega a primavera, onda a fonte nace un cardo» din os versos ben rimados de A. García Teijeiro para o libro ‘Lendo lendas, digo versos’.


SerieMicromitos


 

Publicación: Nós Diario, 3 de decembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: