Flora
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Que sabemos do acivro!
(Ilex aquifolium). Tamén chamado acevro ou xardón. Árbore silvestre, follas brillantes elípticas ou ovais, duras e con espiñas nos bordos, flores brancas, froito en forma de baga de cor vermella. A madeira é de cor clara, dura, compacta, flexible e resistente. Usouse moito en tornería e ebanistería. Ärbore protexida pola lexislación.
Para conseguir que unha moza queira a un mozo, este ten que cortar unha rama de acivro ás doce da Noite de San Xoán. Despois te que ir ao mar e pasaloa por debaixo de trece ondas, rezando un credo a cada pasada. Despois con tocar con esa rama a unha moza, xa queda, disque, prendada del.
Da casca da árbore, deixándooa un tempo metida en auga ata que pudra óbtense o visgo, unha materia pegañenta, viscosa, que se usou como pegamento para cazar paxaros.
Nas festas da Ascensión e do Apóstolo en Santiago vendíanse varas de acivro que se usaban para apalear as cabalerías afectadas de torozón (cólicos).