Herba da cobra
Unha especie foránea que segundo os veciños do Caurel foi traída de Cuba no século XIX e que o botánico Emilio Blanco considera oriunda das Canarias.
«Esta planta usábase para curar as picaduras das víboras nas ubres das vacas e, segundo a tradición, na noite de San Xoán movíase e facía un ruído como o asubío das serpes»
[Información de María Moure Oteyza]