Actualizado en data 21/03/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

O carballo casamenteiro de santo Antón de Vilar de Francos (Carballo)

O coñecido como Carballo de santo Antón está dentro da parcela do Pazo de Vilar de Francos, en Artes, concello de Carballo (A Coruña).

Dise que pode ter máis de 800 anos, o que o converte nunha das árbores máis antigas de Galicia e como tal figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. Segundo a tradición, cando santo Antonio, o de Padua ou de Lisboa (1.195-1.231), peregrinou a Compostela celebrou misa neste lugar, onde había unha pequena ermida.

Mentres o santo oficiaba, naceu debaixo do altar un carballo que co tempo, de tanto medrar, derrubou o edificio. A nova capela de santo Antón construíse a carón e hoxe forma parte das dependencias do pazo. Este carballo superou milagrosamente varios incendios e intentos de corta.

Conta a lenda que a ferida que presenta é consecuencia dun raio que lle caeu enriba pouco despois de morrer santo Antón. E que as mozas namoradas van alí e poñéndose de costas tratan de introducir tres pedriñas no burato: hai quen di que abonda con meter unha, e outros din que son precisas sete. Se o consiguen, casan antes do ano. Se xa estivesen casadas, é que van ter un fillo. O mesmo ritual sirve para pedir un desexo calquera; de atinar, por cada pedra que se lanza cumprirase o desexado. Tamén se conta que en caso de facerlle unha ferida ou de cortarlle unha póla, o carballo derrama un líquido (prodixio atribuído ao santo Antón) que semella sangue.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: