Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Flora

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A buraquiña [Xogo]

Este xogo practicábase no Bierzo no século XIX, segundo nos conta Antonio Fernández y Morales en Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861), e é propio do outono, cando as castañas están listas para comer e tamén para xogar.
Di o autor berciano nun poema dedicado precisamente a describir como se celebraban os magostos:
Mentres tanto xuntos todos
os rapaciños d’o pueblo
divirtense á buraquiña
á cocha i outros enredos.

E nunha nota ao pé o mesmo autor explícanos que se trata dun xogo do país (moi parecido ao das bólas ou canicas) que consiste en que cada xogador tira, unha a unha, un número igual de castañas desde un punto determinado a un buraco que fan no chan. As castañas que acertan a meter no buraco, recóllenas, deixando as que quedaron por fóra no sitio onde están.
En tirando todos a primeira vez, o que deixou a castaña máis próxima ao buraco trata de arrolala en dirección co primeiro dedo da man dereita; se consigue metela no buraco, garda a castaña e sigue xogando coa seguinte castaña que estea máis próxima ao buraco. Se falla, é o rival o que o intenta.
Gaña quen consiga recuperar mais castañas; ou sexa o que máis castañas emboca no buraco.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: