Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Flora

As árbores

Aseguran os habitantes dos Ancares que a mellor madeira é a das árbores que medran en sitios máis montañosos, pedregosos e soleados, porque nestes lugares "vicia" menos. Quere dicir que coa calor do sol medra máis lentamente, onde non hai sol medra máis rápido en busca do sol. A madeira é mellor canto máis pobre é o terreo. Din dun castaño ou dun carballo que estea xunto unha rocha, "esa madeira é dura coma un carro". Aos homes do pobo cuxo terreo é máis duro e pedregoso (Robledo de Rao-Navia de Suarna) chámanlles "pedreses" porque son duros como o seu terreo, aferrados ás súas tradicións e atrasados, e por outra porque son insociables xa que non van á taberna. Nos Ancares do municipio de Navia de Suarna (Lugo)había grandes extensións de bosque poboado por castiñeiros, carballos, vidros, abrairas, pradairos, faias, piornos, teixos, acivos, capudres, boxes... O vidro e o pradairo utilizábanse para facer galochas (zocos), o boxe para facer fontes, mangos de navalla e culleres de madeira, o castaño e o carballo para facer mobles, a rama do teixo para dar de comer ao gando, a do piorno para facer carbón como complemento da uz. O máis emblemático da zona é o castiñeiro, tanto pola importancia que tivo a castaña na alimentación como por seren a madeira utilizada para facer os teitos, tabiques, os solos das casas e dos hórreos, etc. [Texto de Xabier Moure Salgado. Decembro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: