Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A pedra Morcegueira

Esta pedra Morcegueira de grandes dimensións, situada no monte de Meira, concello de Moaña (Pontevedra) ten unha forma moi curiosa toda chea de ocos de formas estrañas no seu interior (onde aniñan os morcegos). No exterior, situada nunha ladeira do monte Faro, vese unha panorámica extraordinaria sobre a vila de Moaña. Non obstante, o seu xeito de apoiarse de maneira curiosa entre dúas pedras, dá a impresión de que pode botarse a rolar monte abaixo en calquera momento, polo que deu lugar a unha crenza: a pedra está agarrada por un pelo da Virxe María que impide que esta se desprenda da súa posición.
Máis información sobre lendas da Pedra Morcegueira

[Lenda remitida por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: