Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

[Conto] O corvo e o raposo

Era unha vez un corvo que se achegou a unha ventá na que había un queixo pousado. Como tiña fame, colleuno e marchou con el.
Polo camiño viu unha árbore moi xeitosa e decidìu parar alí e comer o seu queixo. Nese intre chegou un raposo e dìxolle:
—Que plumaxe máis bonita tes! Canta, a ver como cantas!
O corvo, ó recibir tantas loubanzas do raposo, púxose a cantar. Non se deu conta do que ía facer, e por ser tan orgulloso caeulle o queixo e o astuto do raposo marchoulle con el.
Moralexa: Desconfía do que te alabe, porque a alabación sempre foi unha perdicción.

Recompiladora: Estefanía Quiroga Somoza, Alumna de 3º de ESO no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo), curso 2005-2006.
Informante: Lito Somoza (65 anos).
Lugar e data de recollida: Suñide, Samos (Lugo), maio de 2006.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: