Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O raposo e o lobo en Triacastela

Unha vez xuntáronse un lobo, un raposo e unha galiña diante do pavillón do colexio de Triacastela.
O lobo e o raposo tiñan moita fame e querían comer a galiña polo que decidiron botar unha carreira e quen gañara sería quen a comese.
Saíron de Triacastela, primeiro o lobo e detrás o raposo agarrado ó seu rabo. Foron pasando por Pasantes, Vilar e Lamas ata chegar á Lagúa, que era o lugar de destino, onde tiñan que dar a volta e volver ata o pavillón.
Cando chegou o lobo ó pavillón, co raposo agarrado ó rabo, xirouse para mirar se vía vir o raposo. E ó xirarse o raposo quedou por diante e díxolle ó lobo que o estaba esperando.
Así foi como o raposo lle gañou ó lobo, polo que se deu o gusto de comer a galíña sen esforzo.

Recompilador: Miguel Ángel Fernández Río, alumno de 3º de ESO no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo), curso 2005-2006.
Informante: Emilio (55 anos).
Lugar e data de recollida: Triacastela (Lugo), maio de 2006.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: