Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

[Conto] Os dous raposos

Era un raposo que tiña un fillo case acabado de nacer. Unha mañá de néboa o pai díxolle ó fillo:
—Imos ás galiñas?
—Non, non imos que vai vir o can —dixo o fillo.
—Non vén; non ves que boto as cartas —respondeu o pai.
Despois disto decidiron coller o camiño. De súpeto apareceu o can e o fillo díxolle ó pai:
—Papá, bota as cartas.
E sen máis pensalo o pai contestoulle:
—Deixa as cartas e salta as matas, que en tempo de apuro non valen as cartas!

Recompiladora: Estefanía Quiroga Somoza,alumna de 3º de ESO no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo), curso 2005-2006.
Informante: Lito Somoza (65 anos).
Lugar e data de recollida: Suñide, Samos (Lugo), maio de 2006.
Texto elaborado por Adela López López, alumna de 3º de ESO no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo), curso 2005-2006.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: