Solda
Enfermidade do gando vacún causada polo frío e que lles provoca a aparición dun líquido seroso entre a pel e as costelas. Para curala hai que separar a tiróns a pel das costelas e herbar (aplicar herbas aos animais enfermos mediante unha incisión que se lles fai na pel) cunha planta rubiácea que se denomina herba da solda.
BIBLIOGRAFÍA