[Xogo] Lobo
Xogo do lobo. Xogo de nenos. Diálogo entre o neno que fai de lobo e outro neno:
—Que fas aí, Marica?
—Tou amasando.
—Que fas aí, Marica?
—Tou botando no pan.
—Que fas aí, Marica?
—Tou sacando o pan.
—E o meu bolo?
—Na boca do lobo.
En dicindo isto botan todos a correr; e o lobo corre tras delas ata que colle a algún que pasa a facer de lobo.
BIBLIOGRAFÍA