Actualizado en data 27/07/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Fauna

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Pico, pico, Mazarico

—Pico*, pico, Mazarico,
quen che deu tamaño pico?
—Deume Deus este traballo
pra picar neste carballo.
Piquei e repiquei,
sete graus de millo encontrei.
E leveinos ó mercado
pra comprar un cocho cebado;
e leveinos ó muín,
i o muín a moer
e os ratiños a comer;
i agarreirnos polas orellas
e tireinos entre as ovellas;
i agarreirnos polo rabo
e tireinos contra aquel cabo.
Caba, cabo cabanón,
mamache nun cagallón.

*Pico, Peto, paxaro carpinteiro.

[Paíme, San Xurxo de Piquín, Ribeira de Piquín (Lugo)]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: