Castro de Pontellas
O castro de Pontellas está na parroquia de Santiago de Pontellas, no concello do Porriño (Pontevedra). Neste castro vivían uns mouros que, coma todos, tiñan poderes.
Un día estaban discutindo dos mouros e un, non se sabe polo que, mandou unha praga de ratos para o castro onde vivía o outro. O mouro do castro tomado polos ratos vingouse facendo que a muller, ou a filla, ou se cadra unha familiar do outro, vestise unha saia que a fixo estéril e xa nunca deu froito.
BIBLIOGRAFÍA